Microsoft despedirá a 1.900 empregados da súa sección de xogos, Microsoft Gaming, o que supón un 9% do persoal, segundo informou este xoves a empresa, que non especificou en que sedes se recortará. Tres meses despois de comprar Activision Blizzard, enmarcan os despedimentos nunha estratexia de custos sostibles, que non poñan en perigo o crecemento da compañía. É «unha decisión dolorosa para reducir o tamaño do persoal de xogos en 1.900 persoas do total de 22.000 do equipo», afirmaron desde Microsoft nun comunicado. A empresa agradeceulles «toda a súa creatividade, paixón e dedicación» achegada a «os xogos, aos xogadores e aos colegas», e prometeulles que dará «pleno apoio aos que se vexan impactados pola transición», incluíndo os beneficios que recollan as leis locais. Serán tratados, dixeron, «co respeto e a compaixón consistente cos nosos valores».
44