Miles de científicos afirman que estamos en emerxencia climática

1 minutes read

Afirman que será inevitable un sufrimento humano sen igual a menos que haxa cambios radicais na nosa actividade para reducir as emisións de dióxido de carbono. Advírteno nun artigo publicado na revista científica BioScience.

Os autores destacan obxectivos coma a reforma do sector enerxético, o restablecemento dos ecosistemas, o establecemento dunha economía libre de dióxido de carbono e unha poboación humana estable.

Máis de once mil científicos de todo o mundo din que estamos en emerxencia climática. Algún profesional explica que a temperatura do noso planeta «aumentou máis nos cen últimos anos ca nos anteriores cinco mil», e «máis da metade dos factores que contribuíron a este incremento térmico están asociados a actividades humanas».

En canto ás consecuencias que pode sufrir Galicia nos próximos anos, afirman que o impacto vai ser forte debido a que o mar ten unha importante presenza nas nosas vidas.