Miles de persoas saíron á rúa este 8M a favor da igualdade real e a paz

O movemento feminista organizou un ano máis manifestacións moi diversas por cidades de toda España con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, no que resoou o eco dun mundo en conflito que afecta, e moito, ás mulleres. A ministra de Igualdade participou na manifestación celebrada en Valladolid. Ana Redondo esgrimiu o non á guerra nesta xornada reivindicativa. Non podemos pasar por alto, dixo, o que sofren as mulleres en zonas de conflito. As iranianas, as afganas e as ucraínas e lanzoulle unha mensaxe ás novas xeracións. «Queremos especialmente dicirllo aos mozos, ás mulleres novas, é moito máis importante, mola máis, é máis erótica a igualdade que a imposición machista, que consideren esa posibilidade».

Malpica conmemorou este domingo o Día Internacional da Muller cun acto institucional celebrado na Praza Villar Amigo, no que participaron veciñanza e integrantes da corporación municipal.Durante o encontro procedeuse á lectura do manifesto institucional, a cargo da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín.

En Ponteceso, a Xunta enxalza o papel da fundación eduardo pondal na promoción da igualdade a través da literatura. A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou na gala de premios Literatas 2026 da Fundación Eduardo Pondal. Durante a súa intervención, enxalzou o papel desta entidade no recoñecemento e promoción do talento feminino e a igualdade de xénero a través da literatura. María Quintiana destacou a importancia de dar visibilidade ao talento e á experiencia das mulleres profesionais de Galicia, porque o seu traballo “ten moito que aportar e sumar á nosa sociedade”. Así, explicou que a Xunta impulsa este 2026, con motivo do día Internacional das Mulleres, a maior plataforma que reúne o talento feminino da comunidade e que pretende ser unha comunidade dixital para poñer en valor todo o que temos avanzado e “o que queda por diante”. Neste sentido, fixo fincapé na importancia de que o resto de administracións e institucións poñan en marcha iniciativas que sigan avanzando na igualdade real e efectiva, tal e como fai a Fundación Eduardo Pondal co seu recoñecemento ás mulleres referentes da literatura galega..

Related posts

9M Día Internacional da Tortilla de Patacas; A Coruña á cabeza da máis zumarenta

Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada tras un accidente de tráfico na Laracha

Comezan as obras de mellora do pavimento na rúa dos Oleiros e tamén nun sector do campo da feira de Paiosaco