Mina Ribullén seguirá unha tempada máis reforzando o extremo dereito do Goldie Xiria Carballo Turismo. A súa velocidade no contragol así como a eficacia desde a esquina, serán fundamentais nun equipo con ganas de seguir medrando. Mina cóntanos: “Contenta de volver a formar parte deste equipo que me abriu as portas fai xa dous anos. Agardo que na vindeira tempada consigamos os obxectivos marcados.”
Elena Segade
A extremo de Santa Comba, Elena Segade, seguirá unha tempada máis aportando velocidade e intensidade ao Goldie Xiria Carballo Turismo. Esta vai ser a sexta tempada de Elena no clube, no que asentou á perfección desde o primeiro día.
Elena cóntanos: “Estou contenta de formar parte deste marabilloso clube un ano máis. Este ano seguiremos traballando duro ao igual que nos anos anteriores para cumplir cos obxectivos marcados e mellorar partido a partido.”
