Minuto de silencio por Gaza no Edificio Administrativo da Laracha.
9
O Concello da Laracha sumouse á convocatoria da FEGAMP para simbolizar a solidariedade co pobo palestino e condenar a ofensiva militar en Gaza e o bloqueo humanitario de Israel. Para facilitar a participación da cidadanía, persoal municipal e membros da Corporación, gardáronse minutos de silencio nas que actualmente son as dúas principais sedes municipais: o Edificio Administrativo da Laracha e o viveiro de empresas do polígono industrial.
Minuto de silencio por Gaza no viveiro de empresas do polígono industrial da Laracha.