O Pazo da Cultura de Carballo reuniu a dous históricos da música popular galega. Co gaio de honrar o legado dun fillo ilustre da vila, Xocaloma acompañou a Miro Casabella no concerto Alfredo Brañas, unha memoria viva, organizado polo Padroado Alfredo Brañas e o Concello de Carballo.

O cantautor lugués abriu o recital con temas do seu repertorio antes de interpretar cos carballeses dúas cantigas: unha de amigo e A véspera de San Xoán, baseada no poema de Brañas Lembranzas, con partitura de Casabella; finalmente Xocaloma, xuntos de novo tras máis de vinte anos fóra dos escenarios, ofreceu unha interpretación das súas cancións máis coñecidas. Unha actuación de alto nivel que fixo vibrar ao público presente nun ateigado auditorio.
