Mobilizacións con bolsas de lixo en Barcelona

1 minutes read

Este domingo no chamado Picnic pola República o protagonismo foi para as bolsas de lixo. Barcelona viviu unha nova xornada de mobilizacións despois da xornada pacífica de protestas do sábado.

Ás seis da tarde comezaba o Picnic pola Republica. 2.700 persoas, segundo a Garda Urbana, chegaron á Delegación do Goberno de Barcelona, moitos con bolsas de lixo, que foron tirando ao outro lado do valado de protección instalado polos Mossos d’Esquadra.
Segundo manifestaron queren amosar así «en que vertedoiro de porquería se converteu o estado español» e insistiron en que eles «son xente de paz».

Chegada a noite, o himno de Cataluña, Els Segadors, resoou nesta concetración da rúa Mallorca, e deuse por finalizada a protesta.