28
O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade un convenio co Concello de Moeche para financiar as obras de acondicionamento dunha nave municipal e transformala nun Centro Comarcal de Apoio ao Desenvolvemento Rural e venda de produtos agroalimentarios, que no futuro se integrará na Rede Provincial de Espazos de Coworking da institución provincial
A Deputación financiará o proxecto cunha achega do 66% do custe; mentres que o Concello de Moeche achegará o 34% restante.
O novo centro dará servizos a pequenos produtores locais dos concellos de Moeche, San Sadurniño, Valdoviño e Cerdido, axudándolles a crear máis valor para os seus produtos.