Moita ilusión nas filas do Obradoiro co novo proxecto

0 minutes read

O presidente do Monbus Obradoiro, Raúl López, asegurou este martes estar “moi ilusionado” co equipo que configuraron para a liga Endesa 2022-23, aínda que advertiu do risco de poñer “os carros antes que os bois” porque o resto de clubs tamén se reforzaron moito. Pediulle aos xogadores que se sentan “orgullosos” de formar parte do Obradoiro, e non escondeu o “gran esforzo” económico que tiveron que facer para fichar a xogadores contrastados como o internacional francés Leo Westermann ou o croata Dragan Bender.