Falou o SAR | “Moncho quédate”

0 minutes read

O pavillón Fontes do Sar deu unha agarimosa ovación, con 1.300 persoas nas bancadas, para recibir ao adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, por aquilo de que puidera ser a última vez que o vían no posto, porque o contrato está aínda sen renovar. Emocionouse o adestrador pero en canto o balón se puxo en movemento vimos ao Moncho de sempre. Pedindo intensidade, dando instrucións e, por suposto, protestando. Porque o partido foi emocionante de principio a fin.