Montederramo contará cun novo centro de saúde

1 minutes read

Este centro de saúde aparece recollido na Fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado pola Xunta o pasado outubro. Logo dun estudo do estado das infraestruturas de atención primaria en toda Galicia, decidiuse priorizar a construción dun novo centro de saúde en Montederramo tendo en conta que o actual centro de saúde, de 33 anos de antigüidade, comparte espazos con outras actividades municipais e que presenta múltiples carencias, deficiencias estruturais, funcionais e de accesibilidade que dificultan unha atención de calidade. Para substituílo, o documento estratéxico propón un novo centro cun plan funcional que contempla unha consulta de medicina, unha consulta de enfermería e unha sala polivalente, da que carece o actual inmoble, ademais doutras estancias como sala de xuntas para o persoal. En consecuencia, o plan prevé que o novo centro, con case 405 m2 cuadriplique en superficie ao actual, que apenas chega aos 100 m2.