Montse Tomé, nova seleccionadora absoluta feminina

1 minutes read

A asturiana Montse Tomé, exxogadora e segunda adestradora da selección española desde 2018 substituirá a Jorge Vilda á fronte da absoluta.

Tomé ocupa diferentes postos no staff da selección desde a súa retirada como profesional en 2012 e foi parte fundamental na consecución do título mundialista de Australia e Nova Zelandia.

Por primeira vez unha muller sentarase no banco da selección española feminina e tal e como comunicou a RFEF no comunicado, “o nomeamento de Tomé responde as medidas de rexeneración anunciadas polo presidente Pedro Rocha”.

Os primeiros partidos que afrontará á fronte da selección absoluta serán no mes de setembro nas dúas primeiras xornadas da UEFA Women’s Nations League. O 22 de setembro será o seu debut contra Suecia e o 26 de setembro España recibirá á Suíza en Córdoba.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?