Morre a muller que resultara ferida no incendio dunha vivenda en Cabana de Bergantiños

1 minutes read

A muller, E.I.G. de 64 anos de idade, sufrira graves queimaduras no incendio dunha vivenda ocorrido na madrugada do pasado venres no concello de Cabana de Bergantiños. E.I.G. morreu pouco despois da súa chegada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Segundo confirman fontes da área sanitaria, faleceu ao redor das 23:00 horas do venres polas queimaduras de terceiro grao que afectaron ao 80 por cento do seu corpo. As forzas de seguridade abriron unha investigación para tentar esclarecer as circunstancias nas que se orixinou o lume e a relación da vítima coa propiedade. A casa estaba deshabitada no momento do suceso, dado que se atopaba en obras.