43
Este mércores diversos medios de comunicación da prensa rosa facíanse eco da morte de Aless Lequio, de tan só 27 anos, despois dunha loita incansable contra o cancro.
Fillo de Ana Obregón e Alessandro Lequio, Aless Jr levaba dous anos enfermo e sempre se caracterizou pola súa enteireza á hora de enfrontar a enfermidade e de mostrala ao mundo a través das redes sociais, tentando sempre ver o lado bo da situación.
A pesar de varios tratamentos recibidos en Estados Unidos e en España, sempre acompañado polos seus pais e noiva, o mozo ingresara hai pouco máis dun mes no hospital QuirónSalud de Barcelona, onde finalmente faleceu.