Morre Anthoine Hubert nun accidente en Spa-Francorchamps

1 minutes read

Pasaban 7 minutos das 5 da tarde, na segunda volta da carreira de Fórmula 2, cando se producía un brutal accidente involucrando aos coches #12 (Juan-Manuel Correa), #19 ( Anthoine Hubert) e #20 ( Giuliano Alesi) na subida de ‘Eau Rouge’ cara Raidillon.

A carreira suspendeuse inmediatamente para permitir o rápido acceso dos coches médicos e das ambulancias. A pesar das atencións efectuadas non puideron salvar a vida do xoven piloto francés de 22 anos do equipo Arden que faleceu ás 18:35 h.

Juan-Manuel Correa (#12), está en condición estable e está a ser tratado nun hospital de Lieja.

Giuliano Alesi (#20) foi chequeado e declarado apto no centro médico do circuíto.

A FIA está a brindar apoio aos organizadores do evento e as autoridades pertinentes, e comezou unha investigación sobre o incidente.