Morre ao envorcar o tractor co que traballaba en Pedrafita

0 minutes read

Un home perdeu a vida despois de quedar atrapado debaixo do tractor que nese momento manexaba nunha leira no lugar de Coterces, en Pedrafita do Cebreiro. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os efectivos do GES de Becerreá e os Bombeiros de Sarria tiveron que empregar o material de excarceración para liberar ao varón accidentado e que fose atendido polo persoal sanitario, que, a pesar de mobilizar un helicóptero medicalizado, nada puido facer por salvarlle a vida. Desde o CIAE 112 Galicia tamén se solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.