Morre aos 51 anos o escritor Domingo Villar, rei da novela negra galega

0 minutes read
  • Levaba ingresado no hospital Álvaro Cunqueiro desde o luns tras sufrir unha hemorraxia cerebral

O escritor Domingo Villar Vázquez (1971) faleceu este mércores no hospital vigués Álvaro Cunqueiro, onde levaba ingresado desde o luns tras sufrir unha hemorraxia cerebral.

Coñecido como o rei da novela negra galega, as súas obras foron traducidas a moitas linguas. Destacan, sobre todo, Ollos de auga e A praia dos afogados, coa cidade de Vigo cun papel protagonista.