O empresario Jorge Dorribo, fundador de Laboratorios Nupel, faleceu este xoves aos 54 anos de idade de forma repentina en Barcelona. Dorribo foi o creador de Laboratorios Nupel, unha firma do sector farmacéutico que operaba desde o polígono de O Ceao en Lugo. En maio de 2011 foi detido no marco da Operación Campión pola súa suposta vinculación cunha fraude para obter subvencións públicas financiadas con fondos europeos que eran xestionados a través do Igape. Finalmente, Dorribo aceptou unha pena de cinco anos e 11 meses de prisión pola súa vinculación co caso Campión, no que se viron implicados varios cargos políticos -aínda que a maioría quedaron absoltos-, e unha multa de 6,1 millóns de euros, despois de que el e outros doce dos trece acusados chegasen a un acordo co ministerio fiscal.
19