O histórico remeiro galego José Luís Méndez, faleceu aos 83 anos de idade, segundo informaron a Xunta e o Club Remo do Miño de Tui (Pontevedra), do que foi fundador e presidente. O secretario xeral para o Deporte do Goberno autonómico, José Ramón Lete Lasa, lamenta “profundamente” a morte de quen foi “impulsor do remo en Galicia” e “gran remeiro olímpico que dedicou toda a súa vida a traballar” polo deporte. Méndez, nacido en Pontevedra en 1937, participou nos Xogos Olímpicos de Roma en 1960 na modalidade de remo de catro con temoneiro e nos de Barcelona de 1992 como xefe do equipo español de remo. Ademais, a súa carreira continuou como fundador, presidente, adestrador, delegado e mecenas do Club do Miño de Tui. No ano 2013, a Xunta entregoulle a Distinción ao Mérito Deportivo polo seu labor pola promoción e o fomento da educación física en Galicia.
32