Morre o alcalde de Cangas aos 63 anos

1 minutes read

Xosé Manuel Pazos Varela, faleceu este luns no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde foi trasladado a fin de semana. O rexedor e líder de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) foi operado nun pulmón en 2018 tras serlle descuberto un tumor. O alcalde ía cumprir 64 anos no próximo mes de marzo. Era natural da parroquia canguesa de Coiro. Traballou como profesor en Sanabria e desde 1984 nos colexios públicos de Darbo (Montecarrasco e San Roque). Foi actor, director, autor e tradutor teatral e participou na posta en marcha do movemento teatral cangués e galego dos anos 70, entre outras moitas cousas. Desde 1997 a 2001 foi deputado no Parlamento en Galicia. Entrou en política en 1990 e tras varios anos afastado da mesma, en 2007, volveu ao Concello de Cangas, xestionando a Concellería de Ensino e Cultura nun goberno tripartito. Tras retornar á oposición, conquistou a alcaldía nas eleccións de 2015, posto que ocupou ata o seu falecemento.