25
O falecido conducía unha furgoneta pola estrada que une Curtis con Mesía e, á altura da parroquia de Cabrui, saíuse da vía. Un particular alertou os servizos de emerxencia e advertiu que o home estaba liberado no interior pero non se movía.
Membros do GES de Curtis prestáronlle os primeiros auxilios sen éxito e indicaron que todo parecía indicar que sufrira unha indisposición ao volante. O persoal sanitario que se desprazou ao lugar só puido confirmar a súa morte.
A vítima era un veciño de Curtis que traballaba de repartidor pola zona.