Morre un ciclista ao bater contra un peón en Outeiro de Rei

0 minutes read
  • A pesar da asistencia sanitaria, non se puido facer nada por salvarlle a vida

Un ciclista faleceu esta tarde tras sufrir unha caída na N-VI, ao paso pola localidade luguesa de Outeiro de Rei, despois de bater contra un peón.

O persoal do 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro sobre as 15:45 horas e inmediatamente puxo en situación aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Vilalba e ós axentes da Garda Civil.

Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida a persoa.