- A pesar da asistencia sanitaria, non se puido facer nada por salvarlle a vida
Un ciclista faleceu esta tarde tras sufrir unha caída na N-VI, ao paso pola localidade luguesa de Outeiro de Rei, despois de bater contra un peón.
O persoal do 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro sobre as 15:45 horas e inmediatamente puxo en situación aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Vilalba e ós axentes da Garda Civil.
Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida a persoa.