Morre un condutor en Lugo nunha colisión entre dous coches e un camión

Outras dúas persoas resultaron feridas e os bombeiros excarceraron ao condutor falecido.

Contra as 8:10 horas deste venres, un particular que se atopaba no punto informou ao 112 Galicia dunha colisión frontal entre dous coches á altura do quilómetro 1 da N-540, na parroquia lucense de Orbazai. Máis tarde, a Garda Civil de Tráfico confirmou que no accidente houbo dous turismos e un camión implicados.

Xa naquel momento, os alertadores explicaron que o accidente semellaba grave e que podía haber persoas atrapadas no interior dos vehículos.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros e Policía Local de Lugo.

Pola súa banda, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do condutor dun dos coches. Outras dúas persoas foron evacuadas en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Related posts

O programa de inclusión social de COGAMI beneficia a máis de 90 persoas con discapacidade

Morre un motorista de 28 anos nun accidente en Moaña

Morre un traballador de 54 anos nas obras do AVE en San Cibrao das Viñas