23
Un dos irmáns do falecido foi o primeiro en tentar reanimalo tras decatarse de que non respiraba ben, pero non logrou salvarlle a vida.
Un home de 59 anos de idade faleceu este sábado atragantado durante unha comida familiar nunha vivenda do municipio de Carnota. Segundo informaron fontes do operativo de emerxencia, o suceso tivo lugar sobre as 12,57 horas nunha casa situada na parroquia de Lariño.
Ata o punto acudiron efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros, así como unha ambulancia e un médico da zona, ademais do helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida.