28
A envorcadura do remolcador “A Gaivota” no porto de Martín deixou un mariñeiro morto na tarde deste venres. Ademais, outro membro da tripulación tivo que ser rescatado ao caer a auga.
O accidente produciuse ao fío das 13:45 horas mentres se realizaban manobras de remolque cun pesqueiro conxelador. A alerta ao 112 Galicia dérona os mergulladores dunha empresa próxima ao lugar, solicitando asistencia médica para un home que quedara atrapado no interior do barco.