Morre un home en Mos ao envorcar o camión que conducía

0 minutes read

Un home faleceu este mércores sobre ás 15:00 h. da tarde ao envorcar o camión que manexaba despois de que este caera por unha ladeira en A Gándara, á altura do cambio de rasante.

Segundo a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a Garda Civil confirmaba despois do suceso que este se tratou dun accidente de tráfico, no cal o falecido tivo que ser excarcerado.

Ata o lugar dos feitos achegáronse o persoal sanitario, os Bombeiros de Baixo Miño, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.