Morre un home tras caer a unha fosa séptica en Sofán – Carballo

1 minutes read

Un home de 82 anos que corresponde coas iniciais R.J.I.F. faleceu a última hora da mañá deste venres ao caer ao interior dunha fosa séptica no lugar de Troián, na parroquia carballesa de Sofán. Segundo informou o 112, o octoxenario estaba boca abaixo nun pozo duns dous metros de profundidade, sobre o que parece, tentaba realizar unha reforma.

A investigación aberta e a autopsia determinarán as causas da caída e da morte do home na fosa. Ao lugar acudiron a Policía Local de Carballo, Garda Civil, Protección Civil, Bombeiros e unha ambulancia do 061, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida ao desafortunado octoxenario.