0
Un rapaz de 16 anos faleceu mentres nadaba na praia dos franceses, no concello ourensán da Veiga. O suceso ocorreu no areal do encoro da Prada, no río Xares. O mozo estaba nadando cuns amigos cando dixo que se atopaba mal e decidiu saír do río. Pero xa non o conseguiu.
Foron os veciños e os familiares os que axudaron a sacalo da auga. Ata a zona desprazouse unha ambulancia e un helicóptero pero os sanitarios xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
O rapaz estaba en Seoane pasando as vacacións coa familia. O concello decretou tres días de loito oficial e suspendeu todos os actos festivos que estaban previstos. para estes días de agosto.