Morre un motorista ao saírse da vía no lugar de Brión en Rianxo

0 minutes read

O accidente produciuse pouco despois das sete da tarde deste sábado no lugar de Brión, na parroquia de Asados en Rianxo. A moto, na que viaxaban dous homes saiuse da vía e foi chocar contra un poste.

O conductor, un veciño de Valga, morreu pouco despois a consecuencias das graves feridas sufridas. O home que ía de pasaxeiro foi trasladado nun helicoptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago.

Investiganse as causas do accidente por parte da Garda Civil de tráfico.