Morren un motorista nunha colisión cun coche en San Sadurniño e un peón atropelado en Vilanova de Arousa

1 minutes read

Ocorreu na estrada das Calvelas, na parroquia Santa Mariña do Monte. O 112 Galicia recibiu aviso deste accidente contra as 19 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto e que xa explicaba que o home non respondía. Trátase dun motorista que saíu despedido tras chocar contra un coche. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e a Garda Civil de Tráfico, así como os Bombeiros do Eume. Finalmente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do motorista.

Un coche mata unha persoa en Vilanova de Arousa e continúa a marcha

A Axencia Galega de Emerxencias informou do accidente sobre as 9:30 horas deste sábado. De acordo cos datos facilitados, ocorreu na estrada PO-530 ao seu paso pola parroquia de Tremoedo. A vítima foi alcanzada por un turismo que, tras o atropelo, continuou a marcha. Ata o lugar desprazouse persoal médico do 061 e axentes da Garda Civil de Tráfico.