Morre un mozo de 20 anos nunha saída da vía en Melide

1 minutes read

O accidente ocorreu este domingo pola tarde no quilómetro 46 da estrada AC-840, na parroquia de Zas de Rei. Un condutor de 20 anos faleceu ao saírse da vía co vehículo e bater contra o muro dunha casa.

Varias testemuñas aseguráronlle ao 112 que, tras o golpe, a vítima puido quedar atrapada no interior do coche xa sen constantes vitais.

Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, ata o lugar desprazáronse un helicóptero medicalizado, os bombeiros de Arzúa, axentes da Garda Civil e voluntariado do servizo local de Protección Civil, pero nada puideron facer por salvarlle a vida ao mozo accidentado.