Pasados dez minutos das 06:30 horas deste domingo, un particular informou ao 112 Galicia deste accidente. O alertador relataba que vira dende a súa casa un coche saírse da vía, na AC-305, quilómetro 25, á altura do número 153 da rúa Principal, en Boiro.
Tras achegarse ao punto, contactou de novo co 112 Galicia e explicou que no interior do vehículo había un home que asemellaba estar ferido de gravidade, que o coche chocara contra unha árbore nun terraplén, que ao mesmo tempo o suxeitaba para non caer ao río.
Os xestores de emerxencias avisaron de inmediato ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, de Ribeira, á Garda Civil de Tráfico, aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e ao persoal de mantemento da vía.
Nada máis chegar ao lugar, os Bombeiros de Boiro excarceraron e confirmaron o falecemento do único ocupante do vehículo.