30
En Asturias, este martes, morreu un neno de tres anos que caeu en Covadonga dende unha altura de seis metros. O accidente ocorreu preto da entrada principal da Cova de Covadonga. O cativo precipitouse dende as almenas que pechan estes xardíns e caeu nas escaleiras situadas nun lateral do Gran Hotel Pelayo. Unha pediatra que estaba de visita na zona atendeuno no propio lugar dos feitos. Un helicóptero medicalizado trasladouno despois ao Hospital Central de Asturias en estado moi grave, pero finalmente faleceu. O neno, natural de Zaragoza, visitaba o lugar cos pais e cunha irmá.