Morre un rapaz en Ourense tras caer pola ventá dun séptimo piso

0 minutes read
  • As forzas de seguridade investigan o suceso, aínda que todo apunta a unha caída accidental

Un mozo de 12 anos faleceu na tarde deste mércores despois de caer pola ventá dun séptimo piso nun edificio da rúa Cardenal Quevedo, en Ourense.

O incidente produciuse preto das 20:00 horas e ata o lugar desprazáronse, ademais dos axentes da Policía Nacional e Local, os servizos de emerxencias, que nada puideron facer por salvarlle a vida.

As forzas de seguridade están investigando as circunstancias do suceso, aínda que todo apunta a unha caída accidental.