O sinistro, unha colisión por alcance con tres vehículos implicados, produciuse arredor das 21:10 horas deste sábado no quilómetro 530 en sentido Madrid.
O falecido é o condutor dun dos turismos. No mesmo vehículo viaxaba a súa nai, que quedou ferida grave e foi trasladada en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti tras ser excarcerada polos equipos de emerxencia.
O condutor doutro dos coches tamén foi evacuado a un centro sanitario, mentres que a conductora do terceiro vehiculo implicado, unha muller, foi atendida no lugar e non precisou traslado.
Ata o punto desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Vilalba, GES de Friol-Palas, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Guitiriz e persoal de Conservación de Estradas.