Morre un veciño de Lugo, de 57 anos, e a súa nai resultou ferida grave nun accidente na A-6 en Guitiriz

O sinistro, unha colisión por alcance con tres vehículos implicados, produciuse arredor das 21:10 horas deste sábado no quilómetro 530 en sentido Madrid.

O falecido é o condutor dun dos turismos. No mesmo vehículo viaxaba a súa nai, que quedou ferida grave e foi trasladada en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti tras ser excarcerada polos equipos de emerxencia.

O condutor doutro dos coches tamén foi evacuado a un centro sanitario, mentres que a conductora do terceiro vehiculo implicado, unha muller, foi atendida no lugar e non precisou traslado.

Ata o punto desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Vilalba, GES de Friol-Palas, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Guitiriz e persoal de Conservación de Estradas. 

Related posts

Carballo conmemora o 8M cunha programación que une cultura, participación e empoderamento feminino

Íntegro lanza unha campaña para conmemorar o 8M e promover a igualdade

Actividade formativa na Laracha dirixida ás familias dentro do programa Xuntos na Educación, será o 10 de marzo