38
Unha muller de 76 anos de idade, veciña de Cospeito, perdeu ao vida este mércores nun accidente de circulación que se produciu no municipio lucense de Rábade.
Segundo a información difundida pola Garda Civil de Tráfico, o sinistro aconteceu na tarde deste mércores, á altura do quilómetro 515 da estrada Nacional 6.
O accidente produciuse a causa dunha colisión frontolateral entre un camión e un turismo. A falecida viaxaba no asento posterior esquerdo do vehículo.
Tamén resultaron feridos a condutora do turismo e a persoa que viaxaba no asento do copiloto. O condutor do camión saíu ileso.