Morre unha moza de 25 anos nun accidente de tráfico en Ourense

1 minutes read

O accidente ocorreu sobre as tres e media da madrugada deste domingo na N-525, no punto quilométrico 237.5, en Ourense.

Varias persoas particulares contactaban, a esa hora, co 112 Galicia para informar do suceso. Aseguraban que un coche estaba envorcado e que había unha persoa fora do vehículo tendida no chan.

Así, nada mais recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo no que ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 participaron, os Bombeiros de Ourense e de San Cibrao das Viñas, os membros do GES de Pereiro de Aguiar, os axentes de Tráfico e da Policía Local de Ourense e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Barbadás.

Tras chegar ao lugar dos feitos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller, unha moza de 25 anos que viaxaba soa e tras o impacto saíu despedida do turismo falecendo no acto.