Morre unha muller de 37 anos e a súa filla que levaba en brazos resulta ferida ao ser arroiadas nunha beirarrúa en Sanxenxo

1 minutes read

Unha muller de 37 anos, veciña de Pontevedra, camiñaba xunto coa súa famlia: marido, filla (menor de idade) e avoa. Estas últimas tamén foron trasladadas ao Hospital de Montecelo.

O atropelo produciuse ás 19:30 horas deste domingo na PO-308, en Bordóns, Sanxenxo. A vítima camiñaba nun grupo familiar cando un vehículo a atropelou. A muller faleceu, mentres que a nai e a filla resultaron ilesas, aínda que necesitaron asistencia médica, a avoa por ansiedade, a cativa por precaución.

O primeiro aviso recibiuse no 112 Galicia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A partir de aí, activáronse os protocolos correspondentes para que se mobilizasen os recursos de emerxencias necesarios, isto é, os axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, así como os membros do GES de Sanxenxo.

O marido socorreu á muller e tratou de reanimala, aínda que sen éxito.

A causa principal que se baralla é o exceso de velocidade, xa que a freada se rexistrou a 60 Km/h pero a vía, situada na parroquia de Bordóns, está limitada a 50. O condutor deu negativo no control de alcol e drogas.