Morre unha muller no incendio dunha vivenda en Vigo

0 minutes read

A Policía Nacional investiga as circustancias dun incendio nunha vivenda en Vigo en que faleceu unha muller. As lapas calcinaron na madrugada deste sábado a casa na que vivía a vítima mortal de 51 anos, sen que os servizos de emerxencia desprazados á zona puideran facer nada por salvarlle a vida. O incendio rexistrouse no número 24 da rúa Joaquín Loriga, no centro de Vigo.