O accidente de tráfico producíase ás 15:40 horas, un particular alertou o 112 Galicia dun accidente no quilómetro 671 da N-634, á altura da parroquia de Fisteus. Tratouse dunha colisión entre dous coches, e unha das persoas implicadas permanecía inconsciente.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Betanzos, GES de Curtis, Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil de Curtis e servizos de mantemento da estrada.
Os medios confirmaron que todas as persoas permanecían liberadas e accesibles. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento dunha das implicadas. Outra persoa resultou ferida no accidente.