Morre unha muller tras chocar contra un muro o coche no que viaxaba

1 minutes read

Unha muller de 77 anos faleceu este luns nun aparatoso accidente de circulación que se produciu na estrada autonómica que comunica Lugo coa Fonsagrada, á saída da capital lucense, nas inmediacións do viaduto que pasa sobre a vía do tren, no tramo comprendido entre o centro urbano da cidade de Lugo e a rotonda que lle dá acceso ao hospital Lucus Augusti.

Os bombeiros de Lugo tiveron que intervir para liberar dúas persoas que quedaron atrapadas no habitáculo do coche, no accidente faleceu a muller que viaxaba como copiloto, mentres que o condutor quedou ferido de gravidade e foi trasladado de urxencia ao hospital para recibir atención médica.