O histórico dirixente do PNV Xavier Arzalluz faleceu hoxe aos 86 anos de idade. «Déixanos unha persoa, un jeltzale e un abertzale exemplar. Un día de máxima tristeza para a súa familia, os seus amigos e os seus compañeiros no PNV, a quen acompaño na dor. Descanse en paz», sinalou o partido jeltzale a través as súas redes sociais.
Arzalluz naceu en Azkoitia o 24 de agosto de 1932 no seo dunha familia tradicionalmente carlista. Aos 10 anos ingresou no seminario de Durango e logo no de Javier da Compañía de Jesús. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Zaragoza e ampliou a súa formación nas de Frankfurt e Berlín. Alí especializouse en Dereito político.