Mozos de Lugo coñecen máis de preto a profesión de piloto de dron

1 minutes read

A compañía galega especialista en drons, Aerocamaras, compartiu a mañá deste venres unha xornada teórica-práctica sobre o mundo dos drons co alumnado do IES Río Miño de Rabade (Lugo).

Mozos da ESO e Bacharelato tecnolóxico recibiron con gran interese e atención unha charla de introdución a esta tecnoloxía e á profesión de piloto de dron a cargo de Francisco Collantes, piloto de dron e responsable de servizos profesionais con drons en Aerocamaras. Durante o encontro falouse das características e funcionalidades dos UAVs profesionais, así como dos sectores laborais nos que se está implantando e dos organismos públicos que actualmente traballan con estes dispositivos. Ademais o experto compartiu cos alumnos como os drons poden ser útiles en catástrofes e situacións de emerxencia tales como o recente accidente dun autobús que caeu ao río en Cerdedo-Cotobade. En concreto neste dramático suceso explicouse aos alumnos como empregando esta tecnoloxía puidéronse solicitar datos moi precisos para crear unha fotogrametría da zona. Isto permite unha recreación en 3D do accidente e a súa contorna que será clave para extraer conclusións periciais e esclarecer o fatídico suceso.

Ao final do coloquio os alumnos/as interesáronse pola profesión de piloto de dron como saída profesional e dos requisitos necesarios para dedicarse a iso. A xornada terminou cunha demostración do manexo de drons especialmente dirixidos para voos profesionais.