A Xunta de Galicia adhire a Costa Cruceros ao Carné Xove e ao Carné +65 para facilitar que mozos e maiores coñezan novos lugares abordo dos seus barcos. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asinou co director xeral de ventas da compañía, Mirco Vassallo, a súa incorporación a estes dous programas en Génova (Italia).
Deste xeito, estas dúas tarxetas ofrecerán a máis dun millón de galegos descontos en calquera das viaxes de Costa Cruceros. A xente nova e os maiores poderán beneficiarse desta vantaxe tanto a través da páxina web da compañía como de calquera axencia de viaxes onde organicen a súa saída. Ademais, esta medida non terá ningún custe para o Goberno galego, será a propia compañía a que ofreza eses descontos aos usuarios galegos que posúan estes carnés.