Multan en Mazaricos un veciño de Noia en moto, dixo que ía a comprar o pan

1 minutes read

A Garda Civil xa conta con varias denuncias rexistradas na comunidade galega polo incumprimento do estado de alarma.

Entre elas, unha persona de Mugardos que dixo que saíra da casa para comprar tabaco en Pontedeume, a uns 12 quilómetros da súa casa. Outro dos denunciados atopábase paseando o seu can nas Fragas do Eume, a 7 quilómetros do seu domicilio. Tamén foi denunciada outra persoa que circulaba nunha motocicleta por Mazaricos, a 20 quilómetros da súa casa, en Noia, coa escusa de comprar o pan. A esta listaxe súmase outra persoa que saíra plantar patacas nunha leira afastada da súa vivenda. Ademais, rexistráronse varias denuncias de persoas facendo deporte. Unha delas, atopábase facendo surf na praia de Area Maior, en Muros. Tamén neste municipio se denunciou unha persoa que saíra da casa para facer ‘running’.