Multitudinaria asistencia de público este venres noite ás festas de Carballo

1 minutes read
  • Atraído polos ritmos de baile e os fogos de artificio

A noite foise animando desde as 22:30 horas, onde os máis veteranos foron enchendo a praza do concello ao ritmo dunha das grandres, a Orquestra Trebol. A Trebol xogaba na casa e iso notouse cun público totalmente entregado, pasodobre, cumbia, salsa, merengue, bachata e moito máis durante case dúas horas sen parar, ata a entrada en escena dos fogos artificiais, que foi cando a Trebol fixo o seu primeiro descanso.

Momento da actuación da Orquestra Trebol.

A esa hora Carballo xa era un fervedoiro de xente que abarrotaba as rúas desde a Praza ata a rúa Villa de Negreira, desde onde a maioría de público apiñábase para gozar do espectáculo pirotécnico, que non defraudou. Comentábase que quizais era o ano que máis xente xunta se lembra. Que dure e que siga a festa!.

Momento da tirada dos fogos de artificio.