Os museos e as bibliotecas da rede pública galega ofrecen este verán máis dun milleiro de actividades para todos os públicos, entre exposicións, visitas comentadas, obradoiros e diferentes propostas de animación familiar. En concreto, a programación cultural inclúe máis dunha vintena de propostas nos centros museísticos de distintas disciplinas artísticas: fotografía, pintura, escultura, videocreación ou performance que veñen acompañadas con distintas actividades paralelas como obradoiros ou visitas guiadas. Súmanse a exposicións itinerantes nas cidades e vilas coincidindo con efemérides que se conmemoran durante 2022, como o centenario de María Casares ou as homenaxes a Florencio Delgado Gurriarán. A axenda completa pode consultarse nas respectivas webs e redes sociais dos centros, espallados por todo o territorio galego e na Axenda de Cultura de Galicia.
20