Música e teatro pechan a «Primavera das artes» en Arteixo

1 minutes read

O ciclo «Primavera das artes» chega este venres ao seu fin coas actuacións, en Meicende e Arteixo, de Manolo Couto e Casahamlet. O cantautor local, Manolo Couto, regresa a Meicende para presentar o seu disco «Galego andaluz» no que fúndense temas propios nos que se tocan asuntos de actualidade, con temas tradicionais de autores como Manolo Escobar. Será ás 20 horas e con invitación que pódese recoller 1 h antes do concerto na conserxería do CSC de Meicende.

O teatro é en Arteixo ás 20.45h e da man de Casahamlet que representarán «Xente de Pálida pel» un texto que sae da análise de textos dramáticos de diversos autores nos que conflúen emocións e perfís que se repiten ao longo dos anos. Para asistir a función é preciso recoller a invitación 2 horas antes na billeteira do CCC de Arteixo.